Cadros de datos
Cadro socioeconómico provincial
Cadro socioeconómico municipal/comarcal
Cadro demográfico provincial
Cadro demográfico municipal/comarcal
Cadros sectoriais
Observatorio Económico Ourensán

Preguntas de uso frecuente FAQ

¿Cal é o objetivo do Observatorio Económico Ourensán?
O obxectivo principal do Observatorio Economico Ourensán (OEOU) consiste en recoller e organizar a información socioeconómica e demográfica máis relevante, tanto do conxunto da provincia de Ourense como das diferentes comarcas que a conforman, co obxectivo de posibilitar e facilitar os procesos de diagnóstico a partir da evolución da realidade.
¿Cómo se reflexa a realidade provincial e comarcal?
A través dun conxunto de indicadores capaces de reflectir a realidade e evolución demográfica e socioeconómica provincial e comarcal, o OEOu permite entender a situación específica de cada territorio e momento; convertíndose desta forma nun instrumento útil a partir do cal construír os procesos de planificación de accións futuras polos distintos axentes sociais así como a avaliación do impacto das accións desenvolvidas.
¿Como se pode ter en conta a contorna actual, de realidade cambiante a curto prazo?
A contorna actual, de realidade cambiante no moi curto prazo, require moitas veces a realización de axustes continuados, o que esixe repensar o contido, a forma, e a difusión dos procesos de entrega de datos. Como resposta ao reto, o OEOu proporciona unha actualización continuada, traballando para facilitar o proceso de consulta dos seus indicadores por toda aquela persoa ou axente social e/ou económico interesado.