O Observatorio Económico Ourensán constata que a industria da madeira, a hostalería e o transporte e loxística son os sectores con máis creación de emprego no último ano

  • A industria da madeira duplicou a cifra de traballadores, mentres que os crecementos na hostalería e no transporte e loxística sobrepasan o 40%.
  • O Observatorio tamén salienta a recuperación na construción, cun auxe de emprego do 27%, e na industria téxtil, cun repunte do 30%, si ben este sector é aínda o que perdeu máis postos de traballo (o 41%) no actual ciclo de rexeneración laboral iniciado en 2014.
  • As actividades con peor evolución laboral na provincia no último ano son a industria do papel e artes gráficas (-75%), a venda e reparación de vehículos de motor (-53%), a agricultura (-28%), as finanzas e seguros (-25%) e o sector inmobiliario (-24,4%).
  • O barómetro das profesións sitúa a maior creación de emprego entre 2014 e 2018 na industria da madeira, cun crecemento do 220%, nas actividades financeiras e seguros (87,5%), na información e comunicacións (80%), nas industrias extractivas (56%) e nas actividades profesionais, científicas e técnicas (52%).

O amplo nivel de desagregamento que consigue o Observatorio Económico Ourensánpermite analizar a evolución do emprego na provincia en grupos de profesións que non se poden abordar desde as fontes estatísticas convencionais. Esta ferramenta da Deputación Provincial de Ourenseé a única que mide o comportamento laboral de 20 sectores ou actividades, cun banco de datos que soporta todo tipo de comparativa trimestral desde o ano 2009 ata a actualidade.

Os últimos datos, correspondentes ao segundo trimestre de 2018, sinalan que no último ano (desde o segundo trimestre de 2017) houbo creación neta de emprego en xustamente a metade das profesións analizadas, mentres que ao estender a comparativa a todo o ciclo da crise, a cifra pasa de 10 a 12 grupos de actividades con crecemento dos seus respectivos mercados de traballo.

No último ano (comportamento do emprego entre o segundo trimestre de 2017 e o mesmo período de 2018), este ránking provincial exclusivo do Observatorio Económico da Deputación de Ourenseestá liderado pola industria da madeira e cortiza (exclúe o sector do moble), que doblou o número de traballadores, ao pasar de 800 a 1.600 no último ano.

A continuación, salientan dous grupos que sitúan a creación neta de emprego sobre o nivel do 40% en taxa de variación interanual. Trátase do transporte e almacenamento, cunha subida do 42,1%, e da hostalería, cun repunte do 41,1%.

No cuarto posto por creación de emprego figura a industria téxtil, que desde o segundo semestre de 2017 recuperou un 30% de postos de traballo, ao pasar de 1.000 a 1.300. Sen embargo, o barómetro de profesións do Observatorio Económico da Deputación Provincial de Ourense matiza que a serie encadeada desde 2014 arroxa un saldo negativo neste sector, coa desaparación dun 41% do emprego (no segundo semestre de 2014 contabilizábanse 2.200 empregos na industria téxtil ourensá).

É dicir, estas industrias tan características e representativas do sistema produtivo e da economía ourensá non están a aproveitar o actual ciclo de recuperación económica e de rexeneración laboral iniciado en 2014, e as manufacturas do téxtil desmárcanse como a actividade con peor comportamento do emprego nos últimos catro anos na provincia de Ourense.

A construción acelera o paso

En contraste, os demais crecementos laborais a dobre díxito na serie comparativa entre 2017 e 2018 teñen o seu foco na construción (26,8% de creación neta de emprego no último ano, si ben na serie completa desde 2014 limita o crecemento acumulado ao 5,9%); no sector público, cunha subida do 21,4%; na industria de alimentación e bebidas (16,7%), nas actividades sanitarias e de servizos sociais (13,1%); e no comercio (10,6%).

Mentres, en plena recuperación laboral sorprende a evolución rexistrada no último ano nos mercados de traballo das artes gráficas, da automoción (nos ámbitos comercial e de reparación, sen incluír a fabricación de compoñentes), do sector primario, das actividades financeiras e de seguros e das ligadas ao sector inmobiliario, ás tarefas administrativas e aos servizos auxiliares. O primeiro (artes gráficas), que abrangue ademais a industria do papel e a reprodución de soportes gravados, perdeu o 75% do emprego desde xuño de 2017.

Na venda e reparación de vehículos a caída de emprego acadou o 53% no último ano, na agricultura e gandería houbo unha baixada do 27,7%, nas finanzas e seguros do 25% e no grupo de actividades do sector inmobiliario, traballos administrativos e servizos auxiliares, unha diminución do 24,4%.

O Observatorio Económico Ourensánpormenoriza na situación da industria extractiva ourensá (a louxa, e con menor contribución o granito), xa que a recuperación de postos de traballo concentrada nos anos 2016 e 2017 sufriu unha considerable ralentización no último ano. Así, entre 2014 e 2018 impulsou o emprego nun 55,8%, é dicir, a un ritmo anual do 14%, pero entre o segundo trimestre de 2017 e o mesmo período de 2018 regresou ao trazo negativo, cunha perda do 2,4%.

Finalmente, tamén cederon empregos no último ano o ensino (-17,1%); os outros servizos (-10%); a fabricación de maquinaria, material eléctrico e de transporte, e industria manufactureira (-4,8%); a información, comunicacións e actividades artísticas, recreativas e de entretemento (-3,6%); e as actividades profesionais, científicas e técnicas (-2,2%).

A análise do ciclo de rexeneración laboral que leva xa catro anos instalado na provincia conclúe que as profesións que están a aproveitar mellor a conxuntura son a industria da madeira (220% de crecemento do emprego), as actividades financeiras e seguros (87,5%), a información, comunicacións e ocio (80%), as industrias extractivas (55,8%), as actividades profesionais, científicas e técnicas (51,7%), o transporte e loxística (50%) e a hostalería (33,8%).

No extremo contrario do barómetro das profesións aparecen a industria téxtil (-40,9%), a venda e reparación de vehículos (-30,4%), a fabricación de maquinaria, material eléctrico e de transporte, e industria manufactureira (-20%) e as actividades inmobiliarias, administrativas e servizos auxiliares (-11,4%).

Xa no capítulo adicado a comparar a evolución provincial coa do conxunto de Galicia, oObservatoriodetecta diferenzas significativas, como a creación neta de emprego na industria téxtil no ámbeto galego, si ben cun crecemento limitado ao 2,5%, a perda de emprego na industria autonómica da madeira (-9%), e a moito máis feble rexeneración laboral nas industrias extractivas galegas (19,5%), ao igual que na construción (2,2%). Mentres o comercio ourensán cedeu postos de traballo (-8,2%) entre 2014 e 2018, o comercio galego rexistrou un incremento do 11,3%. Sin embargo, a hostalería e o transporte e loxística crecen moito menos en Galicia que en Ourense, ao igual que as comunicacións e ocio.