O número de pernoitas en establecementos hoteleiros situados na provincia de Ourense ascendeu a 61.328 no mes de Xullo de 2017; o que supón un crecemento do 3,96% fronte os datos do mesmo mes do ano anterior.En termos acumulados, no que vai de ano téñense alcanzado as 326.423 pernoitas en establecementos hoteleiros superándose (+2,04%) á cifra acumulada no mesmo período do ano anterior . Resulta suliñable que dita cifra se acada cun número de vixeiros que é similar á do ano anterior o que reflicte o incremento de estadía media.
Polo que respecta ao número de pernoitas en establecementos de Turismo Rural, estas ascenderon a 7.111 no mes de xullo, (cunhas cifras acumuladas para o conxunto dos primeiros sete meses do ano de 25.927 pernoitas en esta tipoloxía de establecementos, unha cifra un 10,08% superior á acumulada ao mesmo mes do ano anterior e iso a pesar de que o número de viaxeiros acumulados neste tipo de establecementos no que vai de ano sitúase nunha cifra similar á do ano pasado.
Evolución do Número de Pernoitas
(Valor coma porcentaxe. Variación: Diferencia co mesmo período do ano anterior)
Fonte:: IGE a partir de Enquisa de ocupación hoteleira, Enquisa de ocupación en establecementos de turismo rural)
Data da consulta: 07/07/2026