A poboación entre 16 e 65 anos a 1 de xaneiro de 2018 supón o 58,03% da poboación total de Ourense, representando unha porcentaxe algo máis de medio punto inferior do que supuña un ano antes . No conxunto de Galicia a poboación no dito intervalo de idades sitúase algo máis de catro puntos por riba da porcentaxe ourensá, supoñendo o 62,13%, represnetando algo máis do 65% para o conxunto do estado.
A porcentaxe de poboación por riba dos 65 anos sitúase no 31,39 % en Ourense e no 25,19% en Galicia experimentando un crecemento en comparación coa porcentaxe que tiña no ano 2006 de 0,50% e 0,59% respectivamente.
Polo que respecta á poboación de menos de 16 anos en Ourense un lixeiro incremento da súa porcentaxe no total de poboación situándose a 1 de Xaneiro de 2018 no 10,58% (10.55% un ano antes). Polo que respecta a Galicia o este intervalo poboacional absorve o 12,68% da Poboación (6 décimas de punto menos que fai un ano).
Poboación de cada Grupo de Idade Ourense/Poboación Total Ourense %
Fuente: INE
10.42% <16 anos
28.56% <16-44
30.72% 45-65
30.30% >65
Este sitio web utiliza algunhas cookies para mellorar a súa experiencia. Asumiremos que estás de acordo con isto, pero podes optar por non participar se o desexasAceptar